Apoio á cadea humana na Facultade de Educación da UdC polos estudantes de Iguala

Desde os Comités apoiamos a cadea humana que terá lugar mañá, mércores 17 de decembro, ás 12h na Facultade de Ciencias da Educación da UdC convocada polo estudantado de primeiro de Educación Social.

O 11 de decembro vota nacionalismo na UdC!

Que non pisen os teus dereitos, deféndeos connosco! O vindeiro 11 de decembro a UdC volta a ter eleccións a Claustro e os Comités xunto coa Liga Estudantil Galega presentámonos cun programa conxunto para defendermos os dereitos do estudantado

A Coruña contará cunha aula de estudo aberta 24h

Diversas organizacións estudantís da UdC pedímoslle á reitoría, a pasada semana, a apertura dun lugar de estudo durante 24h. Esta proposta foi solventada, habilitándose o CUR (que conta con 444 prazas) como aula de estudo 24h

Que é o Ofimático? Que pasa na entrada do campus de Elviña?

O xoves pola mañá desaloxaron e derribaron a casa dunha das familias de Elviña. Esta vivenda atopábase afectada polo Plan Parcial do Ofimático (un proxecto de polígono no que se poderán construír 2400 vivendas).

Solidariedade co estudantado de Ayotzinapa

O pasado 26 de setembro, a policía municipal de Iguala, respaldada polo exército mexicano, que unicamente recibe ordes do presidente da república, asasinaron a 6 xoves e fixeron desaparecer a 43 máis, da escola Normal Rural de Ayotzinapa.

Peche didáctico en CC Educación na USC

O pasado luns 10 de novembro realizouse unha asemblea aberta no salón de actos da Facultade de CC Educación no campus norte da USC, na que se acordou a realización dun “peche didáctico” pola mellora da educación.

25N: Día internacional contra a Violencia Machista

Un ano máis atopámonos ante o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista. Desde os Comités, como organización estudantil, sabemos que a educación é a base e a ferramenta fundamental para mudar preconceptos impostos nunha sociedade patriarcal

Xa temos fotografía gañadora do concurso contra a violencia machista!

Os Comités de Ourense vimos de organizar un concurso de fotografía contra a violencia machista dirixido ao estudantado de todo o país, para denunciar a situación de sumisión das mulleres na actualidade.

III Recital contra a violencia machista

Por terceiro ano consecutivo, dende a Comisión de Mulleres dos Comités Abertos de Compostela organizamos un recital para conmemorar o 25 de Novembro (Día Internacional contra a violencia machista).