Magosto en Ourense!

Por problemas alleos a nos temos que mudar a data deste magosto. Nos vindeiros días actualizaremos esta información.

Os Comités apoiamos ás e aos Asociados da Uvigo

Mediante este posicionamento, os Comités dos Campus da Universidade de Vigo queremos amosar o noso apoio ao profesorado asociado desta universidade perante un posíbel despedimento masivo neste sector.

Coa túa axuda, Twitter en galego!

A tradución ao galego do Twitter, unha das principais redes sociais, precisa da túa axuda. Logo da presión de milleiros de persoas, aprobouse o inicio do proceso de tradución a nosa lingua pero fai falta da colaboración de tod@s nós

José Luis Méndez non merece ser Doutor Honoris Causa da UDC! Asina!

José Luis Méndez, anterior Director Xeral de Caixa Galicia ten, desde o ano 2002, o título de Doutor Honoris Causa da Universidade da Coruña.

Subscríbete xa ao Manifesto dixital!

Unha nova ferramenta de seguimento da actualidade da nosa organización e das novidades sobre o ensino galego. Deste xeito, os Comités empregaremos esta nova ferramenta para trasladar con periodicidade e por correo electrónico a información de máis relevancia.

Esiximos a retirada do título Doutor Honoris Causa da UDC a José Luís Méndez

Os Comités vimos de esixir na mañá de hoxe, na sesión do Consello de Goberno da Universidade da Coruña a retirada do título de Doutor Honoris Causa  a José Luis Méndez.

14 de novembro, folga xeral!

Tralo éxito das convocatorias estudantís do 11 e do 17 de outubro, cómpre continuar na mobilización social e, por iso, os Comités sumámonos á convocatoria de folga xeral do vindeiro 14 de novembro e facemos, como non ía ser doutro

Presentación do libro de Teresa Moure

O vindeiro martes, 30 de outubro, terá lugar na Facultade de Filoloxía a presentación do libro de Teresa Moure “Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións“

Os Comités participamos na Alianza Social Galega

Máis de sesenta organizacións sociais e sindicais galegas, cos Comités entre elas, participamos na constitución, nesta semana, da Alianza Social Galega coa finalidade de dar unha resposta conxunta ás agresións provocadas pola Xunta e Goberno central.