Recital contra a violencia machista en Compostela!

A Comisión de Mulleres dos Comités do campus de Compostela organiza un recital contra a violencia machista para o vindeiro xoves 22 de novembro.

Este 25 de novembro, as estudantes galegas contra o patriarcado!

Como cada 25 de novembro, os Comités lanzamos a campaña “as estudantes galegas en pé contra o patriarcado” co fin de concienciar ao estudantado galego da situación de desigualdade das mozas, froito da vixencia do patriarcado.

O estudantado implicouse na folga xeral!

Os Comités participamos activamente na folga xeral de onte. A implicación do estudantado galego nesta convocatoria foi esencial para o seu éxito como así demostra o alto seguimento da mesma nos ensino galego.

A CIG fronte a folga xeral!

Os Comités difundimos aquí o diverso material editado pola Confederación Intersindical Galega para a folga xeral do 14 de novembro.

Os Comités tamén rexeitamos o aumento abusivo das taxas xudiciais!

Fai uns días, o Partido Popular, aproveitándose da súa maioría absoluta no Congreso, aprobou un proxecto de lei para subir as taxas xudiciais, é dicir, un copago xudicial, xa que a xustiza é un servizo que pagan as persoas cos

Xa temos data para o magosto en Compostela!

O xa tradicional magosto dos Comités de Compostela terá lugar o vindeiro xoves, 15 de novembro a partir das 21:00h. Logo do traballo realizado para a folga xeral do día 14, podes achegarte ala para tomarlle unha!

Lugares e horarios para o 14-N

Eis os lugares e os horarios das manifestacións convocadas para a folga xeral do 14 de novembro.

Apoio dos Comités ao profesorado afectado na USC polos recortes!

No día de onte os Comités apoiamos ao conxunto do profesorado afectado pola suspensión cautelar da convocatoria do concurso público de 33 prazas de Contratado Doutor.

Difunde a voandeira para a folga xeral!

Xa podes botarlle un ollo e distribuir a voandeira da nosa organización para a folga xeral do vindeiro 14 de novembro.