Lugares e horas das mobilizacións do 26 de febreiro

O vindeiro xoves, 26 de febreiro, o estudantado galego temos que encher as rúas da Galiza de berros na defensa do ensino público galego. Bótalle un ollo ás manifestacións e concentracións, participa e difunde!

O IES María Sarmiento de Viveiro non permite informar sobre a folga

A dirección do IES María Sarmiento de Viveiro pon trabas e non permite realizar asembleas abertas co estudantado para informar da folga estudantil do vindeiro xoves 26 de febreiro.

32 centros de Primaria e Secundaria fican sen clases de apoio

Un total de 32 centros de Primaria e Secundaria de Galiza quedarán este curso sen o plan PROA, un plan de reforzo e orientación que o ensino público oferta a aquel estudantado que ten problemas curriculares.

Concentración solidaria nos Xulgados de Ourense

O vindeiro mércores, 18 de febreiro, sete estudantes galegas están chamadas a declarar nos xulgados de Ourense, acusadas de desordes públicas e de atentar contra as autoridades durante uns protestos que tiveron lugar no 2012.

Pequeno chanzo na comunicación de bus á Universidade

No día de onte, publicábase unha ampliación do servizo de Vitrasa á Universidade. Despois de múltiples peticións e críticas ao servizo de transporte público á Universidade, por fin, atopámonos cunha resposta por parte do Concello de Vigo

Presentación ‘Somos Galego’ en Vigo

Os Comités do campus de Vigo, co apoio da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organizamos un acto de presentación do suplemento sobre lingua que edita A Mesa pola Normalización Lingüística, Somos Galego.

Asemblea Aberta en Teis!

Os Comités Abertos do campus de Vigo xunto coa Asociación Veciñal de Teis, organizamos unha asemblea aberta o vindeiro sábado 7 de febreiro ás 18h no local da Asociación Veciñal.

Outra razón para parar as aulas o 26F!

A finais da pasada semana, o ministro de educación deu o pistoletazo de saída a unha nova estafa estudantil, ao aprobar o decreto 3+2, de novo co rexeitamento de toda a comunidade educativa.

3+2, unha nova reforma que destrúe aínda máis o sistema universitario

No día de hoxe está previsto que o Consello de Ministros anuncie un novo sistema para a educación universitaria no que se cambiará a duración dos graos (3 anos de grao + 2 de mestrado)