Achegamos documentos de procesos asemblearios antigos!

Hoxe achegamos novos documentos antigos do movemento estudantil nacionalista galego! Na vindeira semana, iremos actualizando a relación de documentos aprobados nas asembleas nacionais das organizacións estudantís que nos precederon.

Non á LOMCE! #ParémosllesosPés

Iniciamos hai unhas semanas a campaña chamando á folga estudantil do 9 de maio e queremos que sigas a colaborar con nós. É moi sinxelo, sácaste unha foto co cartaz que está abaixo e enviala ao enderezo nacional@comitesabertos.org. 

Casares, escoita! O Cadarso está en loita!

Reproducimos o último comunicado realizado polas e polos colexiais do C.M Rodríguez Cadarso da USC.

Acordo sobre o Claustro da Universidade da Coruña

A seguir damos conta do acordo ao que as organizacións estudantís e claustrais independentes da Universidade da Coruña chegamos co obxectivo de defendermos conxuntamente os intereses e as condicións de estudo d*s estudantes da UdC. 

A LOMCE debaterase no IES A Piringalla de Lugo

A LOMCE: O golpe de estado no ensino é o título do debate que os Comités do I.E.S A Piringalla, da cidade de Lugo, organizan o este martes, 30 de abril, ás 11:20 no mesmo instituto.

Participa nos debates públicos das teses da Coruña e de Compostela!

Queremos contar contigo e coñecer a túa opinión sobre os documentos de debate da II Asemblea Nacional dos Comités nas asembleas públicas de debate e de presentación de emendas e de achegas ás teses.

Nazis e Aliados na Galiza! Coloquio en Historia

Participa no coloquio organizado pola nosa organización na Facultade de Historia do campus de Santiago que terá lugar o vindeiro luns, 29 de abril, ás 18:00h na Aula 5 da Facultade de Historia.

Documentos de debate da II Asemblea Nacional dos Comités

Xa podes facer a túa achega ás teses de debate da II Asemblea Nacional dos Comités que terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio, en Santiago de Compostela baixo o lema “Unidade e Loita! En pé polo ensino público

Asemblea aberta dos Comités en Pontedeume

O próximo mércores 24 de abril os Comités celebran unha Asemblea aberta no IES Breamo de Pontedeume, no segundo recreo, ás 12:10h.