Lugares e horas das mobilizacións do 24 de marzo

O martes 24 de marzo, o estudantado galego temos que encher as rúas da Galiza de berros na defensa do ensino público galego e contra o 3+2. Bótalle un ollo ás manifestacións (confirmadas nestes momentos), participa e difunde!

8 de marzo: As estudantes galegas contra o patriarcado!

O vindeiro domingo 8 de marzo en Compostela, as mozas galegas percorreremos as rúas de Compostela nunha manifestación que sairá da estación do tren ás 12:00 da mañá, para esixir que se cumpran os dereito laborais.

Charla-Debate de micromachismos en Vigo

Os Comités do campus de Vigo organizamos este xoves 5 de marzo ás 20:30h unha charla-debate sobre micromachismos no bar Cabiria (Rúa Alfonso XIII, 32). Facémolo con motivo do 8 de Marzo

Precisamos enchufes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Ao rematar o período lectivo do pasado ano, enviamos por rexistro unha carta á dirección da Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo con melloras a facer na mesma para dotar as instalacións de infraestruturas precisas para o estudantado.

Concentracións da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

O vindeiro luns 23 ás 20h, as mozas e as estudantes galegas imos dicir non á nova reforma do aborto que pretende implantar o PP, coma sempre negando o dereito a decidirmos sobre nós mesmas.

Lugares e horas das mobilizacións do 26 de febreiro

O vindeiro xoves, 26 de febreiro, o estudantado galego temos que encher as rúas da Galiza de berros na defensa do ensino público galego. Bótalle un ollo ás manifestacións e concentracións, participa e difunde!

O IES María Sarmiento de Viveiro non permite informar sobre a folga

A dirección do IES María Sarmiento de Viveiro pon trabas e non permite realizar asembleas abertas co estudantado para informar da folga estudantil do vindeiro xoves 26 de febreiro.

32 centros de Primaria e Secundaria fican sen clases de apoio

Un total de 32 centros de Primaria e Secundaria de Galiza quedarán este curso sen o plan PROA, un plan de reforzo e orientación que o ensino público oferta a aquel estudantado que ten problemas curriculares.

Concentración solidaria nos Xulgados de Ourense

O vindeiro mércores, 18 de febreiro, sete estudantes galegas están chamadas a declarar nos xulgados de Ourense, acusadas de desordes públicas e de atentar contra as autoridades durante uns protestos que tiveron lugar no 2012.