O estudantado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galiza está en loita

O estudantado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galiza (en Pontevedra) está en loita para que a Xunta permita que a Escola poida integrarse na Universidade de Vigo.

Manifestación nacional polo dereito ao aborto o 28 de setembro

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, da que os Comités formamos parte, convoca unha manifestación nacional para este sábado, 28 de setembro, día internacional pola despenalización do aborto, en Compostela ás 17:30h. con saída da estación do tren.

Xantar na Coruña contra a redución de prazas nos comedores

Vimos de coñecer que a Consellaría de Educación reduce nun 70% as prazas de comedor do CEE de Xordos “Nosa Señora do Rosario”

Participa da marcha contra a LOMCE en Compostela

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da cal forma parte a nosa organización, convoca unha marcha a Santiago este sábado, 28 de setembro, que terá como reivindicación fundamental a exixencia de que o Goberno central retire a LOMCE.

Novos regulamentos nas convocatorias extraordinarias da UdC e da USC

No día de onte, 24 de setembro, tiveron lugar os primeiros Consellos de Goberno do curso, tanto da universidade da Coruña como na de Santiago. En ámbolos dous foron aprobados os regulametos para as convocatorias de exame extraordinarias

Pasarrúas en Ourense polo dereito ao aborto

O vindeiro xoves, 26  de setembro, en Ourense a Plataforma Galega pola Defensa do Dereito ao Aborto, da cal forman parte os Comités, ten convocado un pasarrúas feminista pola defensa do aborto libre e gratuíto

Marcha silenciosa na Coruña polo dereito ao aborto

O vindeiro mércores, 25 de setembro, na Coruña a Plataforma Galega pola Defensa do Dereito ao Aborto, da cal forma parte a nosa organización, convoca unha marcha silenciosa feminista en defensa do aborto libre e gratuíto

As guías docentes en galego

Son cada vez máis os departamentos que optan por publicar a súa documentación en castelán ou en inglés. Coa escusa da transferencia entre diferentes universidades de coñecementos, os departamentos esquécense de empregar a nosa lingua

Máis educación para evitar a homofobia

Ante os feitos acontecidos o pasado xoves en Compostela, no que dous mozos foron agredidos por uns/unhas descerebrad@s, os Comités queremos amosar a nosa solidariedade co colectivo LGTBI