Apoio á cadea humana na Facultade de Educación da UdC polos estudantes de Iguala

Desde os Comités apoiamos a cadea humana que terá lugar mañá, mércores 17 de decembro, ás 12h na Facultade de Ciencias da Educación da UdC convocada polo estudantado de primeiro de Educación Social.

O 11 de decembro vota nacionalismo na UdC!

Que non pisen os teus dereitos, deféndeos connosco! O vindeiro 11 de decembro a UdC volta a ter eleccións a Claustro e os Comités xunto coa Liga Estudantil Galega presentámonos cun programa conxunto para defendermos os dereitos do estudantado

A Coruña contará cunha aula de estudo aberta 24h

Diversas organizacións estudantís da UdC pedímoslle á reitoría, a pasada semana, a apertura dun lugar de estudo durante 24h. Esta proposta foi solventada, habilitándose o CUR (que conta con 444 prazas) como aula de estudo 24h

Que é o Ofimático? Que pasa na entrada do campus de Elviña?

O xoves pola mañá desaloxaron e derribaron a casa dunha das familias de Elviña. Esta vivenda atopábase afectada polo Plan Parcial do Ofimático (un proxecto de polígono no que se poderán construír 2400 vivendas).

XXI edición do Magosto de Filoloxía // Venres 24 de outubro

O vindeiro venres 24 de outubro terá lugar na cafetaría da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña o tradicional magosto que se vén celebrando nos últimos anos.

Manifestación contra as touradas na Coruña [5 de outubro]

A Plataforma Galiza, Mellor sen Touradas ven de convocar unha manifestación o vindeiro 5 de outubro, coincidindo coa feira taurina organizada polo Goberno do Partido Popular con motivo das festas do Rosario.

O bus urbano da Coruña deixa tirad@s a centos de estudantes

O bus urbano deixou onte tirad@s a centos de estudantes, no que era o 1º día dos exames de xullo na UdC, por un fallo informático que inutilizou as tarxetas Millennium e non permitía o cobro de máis de 10

Os Comités esiximos a dimisión de Antonio Abril

Os Comités amosamos o noso total rexeitamento ás declaracións de Antonio Abril, Presidente do Consello Social da UdC, e esiximos a súa dimisión.

A UdC en Loita saca as aulas á rúa este mércores, 30 de abril

A asemblea da UdC en loita, da que participan os Comités conxuntamente con outras organizacións estudantís e estudantes de xeito individual, organiza para o vindeiro 30 de abril unha xornada de #AulasnaRúa